Unha vez máis o Guímaro Motor atrévese con outro reto case imposible, cunhas condicións técnicas orográficas e climáticas adversas, limpar e acondiconar o antigo camiño que transcorre entre O Mazo e O Carballal, en terras do Courel, pasando pola Campa Rapada, o Alto das Peneliñas e o Alto do Cabezón.
Limpeza Camiño entre os Muiños da Veneira e aldea da Veneira de Roques
Como vedes a continuación nas fotos adicamos outro día o coidado do noso entorno. O que realizamos esta vez foi a limpeza do camiño que discorre entre os Muínos da Veneira e a aldea da Veneira de Roques. Este tramo tiña 600 metros de lonxitude o cal levounos toda a maña e parte da tarde arranxalo e limpalo. O final degustamos unha parrillada estilo "manolete" que consistía nunhas costeletas e uns chourizos.