|
O pasado sábado 28 e domingo 29 de novembro, membros do Clube Guímaro Motor, asistimos a un cursiño de enduro no Porriño a cargo de Xacob Agra e o seu colaborador Chuco. Foi esta una actividade digna de ter na memoria dos participantes por dous motivos. O primeiro é a actividade en sí, una experiencia inolvidable para os afecionados ó mundo do enduro. O segundo motivo, e moi importante, a calidade profesional e humana do monitor: Xacob Agra. Un deportista que dende a idade de 10 anos (1987) ata agora ven acadando premios todos os anos; que ademáis sabe transmitir o seu amor ó deporte e que, o mais importante, a humildade que o caracteriza e que fai que te sintas ben ó seu carón. Por iso o Clube Guímaro Motor quere facer público o seu agradecemento e dicirlle a Xacob: “amigo eres todo un campión; grazas”
|